O BNG da Bola pide explicacións e documentación á alcaldesa polo caso do falso policía local

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O BNG da Bola solicitará información ao Concello da Bola a respecto dos rexistros documentais sobre a presunta contratación dunha persoa que durante horas se fixo
pasar por axente municipal de policía e, segundo testemuñas, utilizou un vehículo de Protección Civil propiedade do Concello da Bola.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


A persoa que se fixo pasar por axente e presentouse como tal a varios veciños está sendo
investigada pola Garda Civil.


O BNG reclama ademais explicacións da Alcaldesa, Teresa Barge (PP), sobre a relación que puido manter a persoa investigada co Concello. “Queremos saber se nalgún momento existiu unha relación contractual entre a persoa investigada e o Concello da Bola, se se levou a cabo algún proceso de selección para persoal de Protección Civil ou outras tarefas de seguridade no que participou esta persoa”, di a portavoz nacionalista na Bola, Vanesa García.


García pide que a alcaldesa aclare se “ten constancia de que a persoa investigada utilizou un
vehículo do Concello da Bola?, quen foi a persoa do Concello que lle entregou as chaves do
vehículo e con que fin?, e durante canto tempo utilizou o vehículo e que gasto supón este uso para o Concello?”.


A respecto do traxe que ao parecer o investigado usou para o engano, o BNG considera que a
alcaldesa debe despexar as dúbidas sobre se esa prenda foi adquirida e entregada polo Concello