O comité clínico mantén en avaliación os casos de Ribadavia e Cortegada

O plan de desescalada contempla catro niveis de desescalada segundo a incidencia acumulada. Na provincia, en nivel máximo, por riba dos 500 casos por cen mil habitantes, están Vilardevós e Maside. No nivel dous, entre os 250 e os 500 casos, están  A Mezquita e Boborás. No nivel tres, entre 150 e 250 casos, está Coles. E no nivel catro, menos de 150 casos, o resto dos concellos.

Segundo os datos desta fin de semana, esta situación podería cambiar. Cortegada e Ribadavia poderían aumentar restricións, ó subir os seus casos. Plantéxase que Cortegada poida subir ó nivel dous e Ribadavia  ó nivel tres. Por outro lado, o descenso de casos de Boborás podería permitirlles aliviar as medidas ata o nivel catro. Aínda que para facer estes cambios habería que esperar á reunión do comité a comezos da próxima semana.

AVANTAR ACTIVIDADES