O Diario oficial de Galicia publica hoxe a apertura do prazo e as condicións da adhesión das empresas turísticas ó programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia2. As empresas interesadas deberán anotarse na web Turespazo, ata o 15 de decembro. Como novidade, o bono está aberto a todos os galegos, co obxectivo de mover o turismo autonómico.
Abanca será a entidade colaboradora na xestión das axudas. Haberá tres tipos de bonos: un de 250 euros -150€ aboados pola Xunta e 100€ polos beneficiarios-; outro de 375 euros -225€ aboados pola Xunta e 150€ polos particulares; e o terceiro de 500 euros -300€ pola Xunta e 200 polos particulares. Cada solicitante solo poderá solicitar un único bono por persoa.