Comunicado do Bng de Castrelo de MIño

Dende o BNG de Castrelo de Miño, lamentamos ter que por en coñecemento dos nosos veciños:

1º No último pleno ordinario que tivemos no concello de Castrelo de Miño, debateuse a moción presentada polo grupo nacionalista para destinar o 1% do orzamento municipal a axudas á hostalaría do noso concello. Serían arredor de 16 mil euros a repartir entre bares/restaurantes. O PP e os tránsfugas (compañeiros de goberno segundo o ilexítimo) votaron en contra da moción do Bloque, deixando así sen axuda aos profesionais da hostalaría do noso concello. Cabe destacar aquí o voto en contra da concelleira de servizos sociais, dado que ten un bar familiar.

AVANTAR ACTIVIDADES

2º O vindeiro xoves 25 de marzo terá lugar no xulgado de Ribadavia ás 13 horas o xuízo polo intento de agresión por parte do ilexítimo alcalde de Castrelo de Miño a un militante do bloque e ex-tenente de alcalde en Castrelo de Miño durante 12 anos. Dende o BNG manifestamos todo o noso apoio e ánimo ao noso compañeiro, e repudiamos tales actos de falta de valores e de educación que precisa o posto que ocupa (pese a mercalo, ocúpao).