Ourense rexistra un leve repunte de casos activos e estabiliza os ingresos nos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 73 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.490, cun leve repunte. A presión asistencial descende. Hoxe hai 46 (-3) persoas na UCI, e 203 (-12) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe produciuse un leve repunte. Hoxe hai 8 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe hoxe en 7 casos, ata os 160 casos totais. Os hospitais presentan un descenso leve, contando con 22 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES