Nota de prensa da presentación da Revista Mazarelos co debate Novas artistas galegas

Este mércores 24 de marzo ás 20h Mazarelos. Revista de Historia e Cultura celebra a presentación do seu último número cun debate que leva por título Novas artistas galegas.

Nesta conversa participarán Tamara Andrés, poeta e tradutora; Berto, integrante do grupo Verto Temazos; e Lidia Cao, ilustradora, muralista e deseñadora da portada do último número da revista. No evento tamén estará Roque Sanfiz representando a Mazarelos e levando as función de moderador. Trataranse temas como as redes sociais e a súa función de escaparate dos seus contidos, as mulleres no panorama cultural galego e o seu papel como voceiras dun tempo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento será retransmitido en vivo a través da páxina de Facebook da Revista Mazarelos (facebook.com/mazarelosgal) e deixarase un espazo final para intervencións dos espectadores.Posteriormente será subido á canle de YouTube de Mazarelos para a súa consulta en diferido.