A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 32, unha cifra que se balancea pola evolución de Maside e do Carballiño.
No Carballiño, hoxe os datos pasan dos 20 casos de onte ós 21, un positivo máis. Os novos contaxios sitúanse en 21 nos últimos 14 días e en 17 nos últimos 7 días. Maside baixa ós 8 casos, tres menos ca onte, establecendo unha tendencia á baixa.
Boborás mantén dous casos activos, a mesma cifra ca onte.
San Cristovo de Cea conta cun positivo. Piñor pasa de ter un positivo a estar libre de coronavirus. E os demais concellos, Beariz, O Irixo, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.