Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, con 8 casos activos, un menos ca na xornada de onte.
Séguelle Beade, que pasou de non ter ningún caso a rexistrar tres o pasado sábado e subir hoxe ata os 7 casos activos, un máis ca onte. Esta evolución fixo que o SERGAS tomase a decisión de convocar un cribado a través de proba PCR entre 150 veciños entre os 18 e os 74 anos, que están citados para o próximo venres a partir das 15:00 horas. A incidencia que presenta este concello supera os 500 casos por cen mil habitantes.
Cortegada conta hoxe con cinco casos activos, un máis ca onte. Leiro conta hoxe cun caso activo, a mesma cifra dende o sábado. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.