Teatro infantil, poesía, cine español e fotografía para a Semana Santa do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais das proxeccións do cine clube do Carballiño dos venres e dos domingos, o concello informa da disposición de exposicións da asociación fotográfica O Potiños para desfrutar nos próximos días.

JOSÉ LUIS MONTES – Concello

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

PotiExpo 2020 – Asador Veracruz

Yeray DEPORTE – Café Peñasco

Luis Baños… NEW YORK – Café Plaza

FOTO FORUM 1 – Hotel Arenteiro

FOTO FORUM 2 – Pazo Almuzara

PotiExpo 2019 – Don Café

GALICIA BALEIRADA – Cosaga Ourense

DESCRENZA – Saviñao (Lugo)

A área de Cultura do Carballiño programa varias actividades máis para a Semana Santa, todas elas en espazos abertos.

Este sábado, ás 12:00 horas, celebrarase un espectáculo de danza, poesía e música a cargo de Xela Arias na Insua dos Poetas. Tamén haberá teatro infantil na praza da Veracruz. O xoves día 1 de abril, ás 12:30 horas, a cargo de Peter Punk Pallaso, a obra “Punkdemia, novo espectáculo viral”, e o sábado día 3, ás 18:00 horas, Avento Produccións traerá “Unha comedia musical para chupar os dedos”.