Cachamuíña, orgullo de Ourensanía

12.00 horas: Cachamuíña.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, participan no acto conmemorativo do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña. Lugar: Praza da Capela Vella, pobo de Cachamuíña. Tamén asisten ó acto Patria Torres Madureira (Deputada provincial de cultura), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ourense), Marta Fernández-Tapias (Delegada da Xunta en Vigo) entre outras autoridade, familiares e veciños.

Ourense rendeu hoxe homenaxe á figura de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña, cun acto celebrado diante da súa casa natal, no pobo que lle deu o seu alcume, “a unha figura clave na Guerra da Independencia, e polo tanto, transcendental para Vigo e para toda Galicia”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacando a Cachamuíña como “orgullo de Ourensanía”.  

A celebración contou tamén coa participación do alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, e coa presenza dos delegados territoriais da Xunta en Ourense e Vigo, Gabriel Alén e Marta Fernández-Tapias, respectivamente; da deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, e tamén de descendentes de Bernardo González del Valle, aos que se sumou un actor caracterizado como o coronel Cachamuíña, quen fixo unha glosa da súa figura, agradecendo ás institucións e ao seu pobo “que lembraran tal día como hoxe á súa memoria”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao remate do acto tivo lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa da efeméride e a interpretación, por parte da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, da Muiñeira de Pontesampaio, melodía vencellada á historia do coronel ourensán.  

“Comeza aquí unha andaina de recoñecemento e posta en valor dunha figura singular e de gran relevancia histórica para a provincia de Ourense e para toda Galicia”, expresou Manuel Baltar, quen salientou a Cachamuíña como “un fillo ilustre de Pereiro de Aguiar, como tamén o son o Padre Feijoo e Ben-Cho-Shey”, sinalando “a irmandade que une a este concello con Boborás, ao ser ambos municipios protagonistas de xestas heroicas por parte do coronel Cachamuíña”. 

12.00 horas: Cachamuíña.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, participan no acto conmemorativo do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña. Lugar: Praza da Capela Vella, pobo de Cachamuíña. Tamén asisten ó acto Patria Torres Madureira (Deputada provincial de cultura), Gabriel Alén Castro (Delegado da Xunta en Ourense), Marta Fernández-Tapias (Delegada da Xunta en Vigo) entre outras autoridade, familiares e veciños.

Baltar lembrou tamén as figuras do empresario Eduardo Barreiros, de Nogueira de Ramuín, e do macedán Joao da Nova, descubridor da Illa de Santa Elena, na que foi desterrado Napoleón. “Ourense, berce de grandes persoeiros, sempre está aí, na historia, contribuíndo coa súa cultura e ás súas xentes a engrandecer o noso territorio”, destacou e referiu que Cachamuíña “da nome a un pobo, a un personaxe histórico e a un encoro no que a Deputación de Ourense está a impulsar, na súa contorna, actuacións medioambientais, de lembranza e de reivindicación”, poñendo como exemplo o “Parque da Igualdade”, “que será todo un referente”. 

Pola súa banda, Luis Menor definiu a Cachamuíña como “un heroe local que transcendeu na historia, e a quen hoxe homenaxeamos diante da casa onde naceu e morreu”. Menor remarcou “o orgullo que supón que un veciño noso levase o nome de Cachamuíña aló por onde fose, loitando contra os ingleses e despois, na Guerra de Independencia, contra os franceses, e sendo protagonista de feitos tan relevantes como a Batalla de Boborás”, e agradeceu á Deputación de Ourense e ao presidente Baltar a idea de pór en valor esta efeméride, a cal, dixo, continuará ao longo do ano con diferentes actividades como roteiros teatralizados, conferencias e visitas a lugares de interese. 

Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña, foi unha figura clave na Reconquista de Vigo en 1809, durante a Guerra da Independencia Española. Naceu en 1771 no pobo que lle da o seu alcume e faleceu no mesmo lugar en 1848.