Investigan un incendio en Cenlle a causa do lanzamento de foguetes

Axentes da Policía Autonómica esclareceron un incendio forestal no concello ourensán de Cenlle.

Os axentes do Grupo Operativo de Investigación da sede da Policía Autonómica en Ourense procederon a tomar declaración como investigado ao presunto autor dun lume orixinado o pasado 21 de marzo na parroquia de Esposende do concello de Cenlle.

AVANTAR ACTIVIDADES

O incendio produciuse debido ao lanzamento de foguetes sen tomar as medidas de precaución necesarias, o que provocou que o lume se iniciara nunha parcela con abundante maleza. Afectou 0,22 hectáreas de superficie arborada e na súa extinción participaron 1 axente, 2 brigadas, 1 motobomba e 2 avionetas. As dilixencias polo acontecido foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.