O BNG alerta de que o actual prego do contrato para a limpeza das dependencias municipais pode xerar inseguridade xurídica e perxuizos ás traballadoras e traballadores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os nacionalistas basean as súas dúbidas no feito de que nos diferentes lotes que saen a licitación, hai traballadoras e traballadores que figurando nun deles, realizan limpezas en dependencias adscritas a outro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Actualmente atópase en fase de licitación o contrato para a limpeza e desinfección das dependencias municipais do Concello de Ourense, periodo no que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas, concretamente ata o vindeiro 24 de abril.

Para o BNG, e logo de estudar os pregos de contratación, hai moitas dúbidas sobre a afectación que pode ter nas traballadoras e traballadores a distribución realizada nos diferentes lotes, chegando a xerar, segundo os nacionalistas, inseguridade xurídica no futuro en base á interpretación que cada empresa poida facer do contrato e mesmo conflitos laborais entre o propio persoal.

No prego de prescripción técnicas aparecen os lotes nos que se divide o total do contrato, sendo concretamente tres. Lote 1, instalacións cuio uso é administrativo ou maioritariamente administrativo. Lote 2, instalacións de uso distinto ao administrativo ou destinadas maioritariamente a usos distinto do administrativo, e o lote 3, limpeza de cristais exteriores, vidrieiras e cristais interiores de máis de 2 metros de altura, pulido, encerado e/ou abrillantado de solo, desinfeccións de mosquitos e formigas.

Para os nacionalistas o problema xorde no momento en que hai traballadoras e traballadores que teñen asignadas un número de horas determinadas á semana, figurando adscritas a un lote en particular pero que, realizan tarefas de limpeza en dependencias que no prego, aparecen adscritas a outro lote distinto polo que a inseguridade xurídica e laboral que se pode xerar, é segundo o BNG altísima.

Un prego destas características non pode quedar á libre interpretación que del poidan facer as empresas adxudicatarias polo que pídenlle ao Goberno Local que revise e corrixa, os desaxustes que a día de hoxe figuran en dito documento.