Obradoiros de igualdade que se estan a levar a cabo dende a area de igualdade do Concello do Carballiño.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, (CIM) está levando a cabo  dentro do   marco do Pacto de Estado, o desenvolvemento de Obradoiros  de Igualdade  nos centros educativos.

Mañá venres 26 de marzo  no CPR PLURILINGÜE Sagrado  Corazón e IES nº 1.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dentro das medidas do Pacto de Estado que inciden  no ámbito de prevención , sensibilización e visualización da violencia contra as mulleres.

O obxectivo  é formar o alumnado en valores  e actitudes de igualdade para poder compartir  a vida desde o respecto, a autonomía e a corresponsabilidade. Accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude  da violencia contra as mulleres e as consecuencias  que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.

PUBLICIDADE