Nota Informativa do Psdeg-Psoe sobre as modificacións orzamentarias da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN UNHA “TRAMA DE AMIGUETES” NA DEPUTACIÓN DE OURENSE “PARA REPARTIR 20 MILLÓNS A DEDO” CUN “TONGO DISIMULADO COMO MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA” 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os municipios con alcaldes ou alcaldesas do PP reciben unha media de 91,16 € por habitante grazas a esta modificación orzamentaria, fronte aos 14,55 € dos que teñen un goberno socialista ou os 21,96 do resto

“É indecente e inmoral que, por exemplo, na comarca do Ribeiro, un concello como Cortegada recibirá 336 euros por habitante mentres Ribadavia recibirá cero”, denunciou Nacho Gómez

Os socialistas denuncian unha nova “trama” e un “cambalache de amiguetes” na Deputación de Ourense “para repartir 20 millóns a dedo” cun “tongo disimulado como modificación orzamentaria”, só tres meses despois da entrada en vigor dos orzamentos para 2021. “Estamos ante un novo reparto discrecional e antidemocrático de Manuel Baltar e da deputada tránsfuga non adscrita, Montse Lama, premiando vergoñentamente a concellos do PP, a amiguetes e outros palmeiros, pero castigando aos que non son afíns”, advertiron.

O vicevoceiro do PSdeG-PSOE, Nacho Gómez, resaltou que nesta institución “hai organizada unha trama para repartir cartos entre quen é afín e quen non ao goberno”, estruturada tamén “en función da rendibilidade política a sacar”. “É indecente e inmoral que, por exemplo, na comarca do Ribeiro, un concello como Cortegada recibirá 336 euros por habitante mentres Ribadavia recibirá cero euros”, denunciou. “É un debate de fondo e de formas porque a base debería ser un reparto dos cartos equitativo e xusto”, insistiu o deputado antes de enunciar outros exemplos de “agravio” entre municipios.

Gómez destacou como “unha evidencia” que en Galicia “xa existen outros modelos de deputación” onde os cartos se tratan dunha forma xusta, sendo “a de Ourense a única deputación que ten en funcionamento esta trama, porque o goberno provincial xoga cos fondos públicos para manterse no poder”. “A recuperación económica e social debe ser para todos os cidadáns da provincia por igual e vostedes o único que fan e discriminar a algúns veciños e veciñas porque os gobernan persoas doutros partidos”, sinalou o vicevoceiro antes de cualificar estes feitos “incluso como delitivos”.

“Non podemos seguir por esta senda”, remachou Gómez. O PSdeG-PSOE segue a defender o modelo orzamentario do plan único cun reparto equitativo e igualitario, sen as grandes fendas económicas que se producen entre os diferentes municipios na actualidade. “Estamos ante unha esquizofrenia política na que, por un lado, existe unha representación popular indirecta a partires de votos nos concellos e, por outra, un poder único que distribúe os fondos públicos unicamente sobre a base caprichosa de afinidades”, destacan antes de aclarar “o cambio deste modelo só terá lugar cun presidente socialista”.

Esta é a distribución dos fondos públicos provinciais mobilizados entre os concellos, nesta modificación de crédito, segundo o partido de goberno:

PARTIDO POPULAR8.135.400,55
PSOE1.302.772,63
COALICIÓNS VARIOS PARTIDOS466.764,61
BNG73.000,00
OTROS98.000,00
AGRELSAN0
DO0

10.075.937,79

Gasto por habitante que beneficia aos concellos do PP

Así mesmo, desde o PSdeG-PSOE tamén denuncian que o gasto por cápita beneficia dunha forma “elocuentemente escandalosa” aos municipios gobernados polo PP e polos “amigos do presidente”. Na comparativa de todos os municipios pode apreciarse como os territorios gobernados por alcaldes ou alcaldesas do PP reciben unha media de 91,16 euros por habitante grazas a esta modificación orzamentaria, fronte aos 14,55 euros per cápita dos que teñen un goberno socialista ou os 21,96 euros do resto de municipios da provincia ourensá.