Pleno da Deputación: Máis de 20,6 millóns de euros para a reactivación da provincia

Videoconferencia da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ó mes de marzo de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe unha modificación de crédito que permite -froito da boa xestión económica da institución que acadou 44 millóns de euros de remanente de tesourería en 2020- destinar fondos á cooperación cos concellos cara á recuperación económica

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

.- O pleno ordinario da Deputación de Ourense, correspondente ao mes de marzo, celebrado por vía telemática, aprobou hoxe destinar á provincia máis de 20 millóns de euros (20.676.885 €), unha inxección económica que terá nos concellos os principais destinatarios para a reactivación económica na etapa poscovid. A boa xestión económica da institución no pasado exercicio de 2020 –cun remanente de tesourería de 44 millóns de euros- permite levar a cabo este investimento que terá como protagonistas aos gobernos locais da provincia de Ourense, con importantes achegas nos ámbitos da cooperación cos concellos, acción social, deportes, desenvolvemento empresarial e comercial e cultura.

No expediente de modificación de créditos, a maior cantidade vai destinada á cooperación cos municipios: ao redor de 8,5 millóns de euros que teñen como beneficiarios a 76 concellos, máis a entidade local menor de Berán, para desenvolver proxectos en infraestruturas viarias, deportivas ou culturais, áreas empresariais, emprego no rural, servizos a dependentes e maiores, eficiencia enerxética, ou iniciativas na prevención de incendios forestais, entre outros. Neste ámbito de cooperación tamén se destinan outros 300.000 euros para seis mancomunidades de municipios.

O apartado de colaboración institucional é outro dos puntos fortes desta modificación de créditos, en particular coa Xunta de Galicia. Así, a Deputación de Ourense achegará 1,5 millóns de euros para o Centro Galego de Innovación da FP; 790.000 euros -o 1 % do orzamento total da Deputación-, para o fondo conxunto de apoio á hostalería; 150.000 euros para o bono turístico; 450.000 euros no marco do convenio asinado coa consellería de Medio Rural para a adquisición de maquinaria destinada á prevención e loita contra os incendios forestais; e outros 53.000 euros para os plans de emerxencia por seca.

O documento económico aprobado hoxe inclúe achegas de 133.000 euros para fomento do deporte; 478.000 euros para acción social; máis de 680.000 euros para cultura; 750.000 euros para desenvolvemento empresarial e promoción comercial; 53.000 euros para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, ou 169.000 para termalismo.

Por outra banda, a corporación provincial tamén deu o visto bo a unha addenda do convenio coa Xunta de Galicia en materia de emerxencias e prevención de incendios, cunha achega de 224.000 euros que implica a creación de dous novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) na provincia: A Veiga e Maceda, pechando así o mapa provincial de emerxencias cun total de 8 grupos e o servizo supramunicipal de Terras de Celanova. A Deputación de Ourense contribuirá ao financiamento dos GES con 1.062.666 euros.

Tamén aprobou o pleno: unha ampliación do prazo de inscrición nos programas de cooperación cos concellos para a limpeza das marxes viarias, mocidade e empregabilidade; a adhesión da Deputación á Asociación Urbs Regia e ao seu proxecto de Itinerario Cultural Europeo “Orígenes de Europa”; instar ao Goberno central a axilizar as obras de reparación e reapertura do túnel do Folgoso da autovía A-52, e unha moción relativa á loita contra as especies invasoras no territorio ourensán.

A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:

Modificación das bases de execución dos orzamentos do Inorde de 2021

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente a modificación das bases de execución dos orzamentos do INORDE n.º 1/2021, para modificación da base quinta das de execución do orzamento, no relativo á finalidade de subvención nominativa, conforme co cadro seguinte:

Beneficiario Nova finalidade Importe €
Confederación empresarial de Ourense (CEO) Desenvolvemento de accións empresariais , proxectos e gastos de funcionamento 2020-2021   75.000,00 €  
Total     75.000,00 €  

Modificación de créditos do orzamento 2021 nº 3/2021

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos n.º 3/2021 do expediente e das bases de execución do orzamento, co seguinte detalle:

Gastos de investimentos. Suplementos de crédito

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
324.11/750.00 Centro Galego de Innovación da FP. A Xunta de Galicia   1.500.000,00 €  
920.11/632.00 Pazo Provincial. Edificios e outras construcións   220.000,00 €  
171.11/622.00   Parques, xardíns e zonas verdes. Edificios e outras construcións   282.000,00 €
453.11/619.03 Vías Provinciais. Reparación vías provinciais   750.000,00 €  
453.11/619.01 Vías Provinciais. Plano base cooperación   1.500.000,00 €  
453.12/622.00 Parque móbil e maquinaria. Edificios e outras construcións   136.125,00 €  
336.11/789.01   Protección e xestión do patrimonio histórico artístico. Diocese de Ourense   18.590,44 €
231.11/789.00 Acción social. Outras transferencias   378.000,00 €  
453.11/619.03 Vías provincias. Reparación vías provinciais   155.648,22 €  
450.12/762.01 Cooperación Provincial. A Concellos subv. Convenios   8.575.403,97 €  
TOTAL SC. Gastos de investimentos   13.515.767,63 €  

Gastos de investimentos. Créditos extraordinarios

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
414.11/762.00 Medio Rural. A Concellos   450.00,00 €  
450.12/763.00 Cooperación Provincial. A Mancomunidades   57.000,00 €  
414.11/850.00 Adquisición acción de TRAGSA   8.000,00 €  
334.20/789.00 Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias   209.472,00 €  
334.22/625.00 Museos. Mobiliario   48.000,00 €  
334.22/632.00 Museos. Edificios e outras construcións   70.000,00 €  
313.31/627.03 Termalismo. Plan de sostibilidade turística termal   169.005,00 €  
920.15/627.00 Arquivo. Proxectos complexos   50.000,00 €  
  341.11/627.00   Promoción e fomento do deporte. Proxectos complexos   572.000,00 €  
TOTAL CE. Gastos de investimentos   1.633.477,00 €  

Gastos correntes. Suplementos de crédito

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
171.11/227.30 Parques, xardíns e zonas verdes. Servizos de mantemento   55.000,00 €  
912.11/226.02 Corporación Provincial. Información e publicidade   267.000,00 €  
334.19/226.02 Teatro Principal. Información e publicidade   19.000,00 €  
453.11/227.06 Vías provinciais. Estudos e traballos técnicos   250.000,00 €  
920.11/227.00 Pazo Provincial. Limpeza e aseo   37.676,64 €  
334.18/227.00 Centro Cultural Marcos Valcárcel. Limpeza e aseo   13.884,96 €  
453.12/227.00 Parque Maquinaria. Limpeza e aseo.   30.034,04 €  
453.12/222.99 Parque Maquinaria. Outros gastos comunicacións   70.000,00 €  
341.11/482.11 Fomento do Deporte. Asoc. Deport. Cultural Ribeiro   6.000,00 €  
450.12/462.00 Cooperación Provincial. A Concellos   589.365,99 €  
450.12/463.00 Cooperación Provincial. A Mancomunidades   138.000,00 €  
134.11/462.00 Protección e defensa civil. A Concellos. GES   224.000,00 €  
341.11/482.00 Promoción e fomento do deporte. Axudas a deportistas   133.000,00 €  
334.20/226.09 Actividades culturais e recreativas. Actividades culturais   548.880,00 €  
334.20/489.22   Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias. Fundación Vicente Risco   4.500,00 €
334.20/489.00 Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias.   307.000,00 €  
231.11/489.00 Acción social. Outras transferencias   100.000,00 €  
334.20/489.21   Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias. Fundación Carlos Velo   145.000,00 €
231.11/450.00 Axudas hostalería – axudas autónomos   790.000,00 €  
231.11/450.00 Bono turístico   150.000,00 €  
912.11/226.08 Corporación Provincial. Actividades deportivas   30.000,00 €  
912.11/226.01   Corporación Provincial. Atencións protocolarias e representativas   35.030,00 €
912.11/226.09 Corporación Provincial. Actividades culturais   50.000,00 €  
326.11/227.06   Universidade de Vigo. Traballos realizados por outras empresas e profesionais   16.890,00 €
313.31/227.06 Termalismo. Estudos e traballos técnicos   15.000,00 €  
161.11/ 227.06 Augas e medio ambiente. Estudos e traballos técnicos   30.000,00 €  
920.14/227.30 Administración electrónica. Mantemento   115.000,00 €  
TOTAL SC. Gastos correntes   4.170.261,63 €  

Gastos correntes. Crédito extraordinario

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
162.01/226.02 Cooperación xestión lixo. Información e publicidade   90.000,00 €  
336.11/227.00 Patrimonio Histórico-Artístico. Limpeza e aseo   9.839,06 €  
231.11/207.00 Acción social. Prestación servizos   100.000,00 €  
414.11/462.00 Medio Rural. A Concellos   52.500,00 €  
431.41/479.01   Promoción comercial. Outras subvencións a consellos reguladores e outros   195.000,00 €
326.13/489.00   Centros docentes de ensino secundario. Outras transferencias   25.000,00 €
432.11/467.01 Promoción de turismo. Consorcio turismo Ribeira Sacra   52.879,75 €  
433.00/489.00 Desenvolvemento empresarial. Outras transferencias   304.560,00 €  
431.11/489.03 Feiras e exposicións. A Expourense   65.000,00 €  
341.11/479.00   Promoción e fomento do deporte. Outras subvencións a entidades privadas   60.000,00 €
912.11/479.05 Corporación provincial. Outras subvencións La Región   200.000,00 €  
334.20/479.00   Actividades culturais e recreativas. Outras transferencias a entidades privadas   17.000,00 €
433.00/489.00 Desenvolvemento empresarial. Outras transferencias   60.000,00 €  
433.00/489.18   Desenvolvemento empresarial. Outras transferencias para apoio ao empresariado   125.000,00 €
231.11/479.05 Acción social. Subvencións autónomos COVID-19   600,00 €  
TOTAL CE. Gastos correntes   1.357.378,81 €  

Resumo

  Suma suplementos de crédito   17.686.029,26 €  
  Suma créditos extraordinarios   2.990.855,81 €  
TOTAL MC 3/2021         20.676.885,07 €  

Recursos utilizados

  Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais   20.676.885,07 €  

2º.- Nas bases de execución do orzamento da Deputación Provincial de Ourense procede concretar o capítulo IV e VII de gastos que se ven modificados neste expediente, polo que se procede á especificación das aplicacións para as que se habilita crédito nesta modificación orzamentaria.

(Nota: nos ditames do pleno figura a especificación das aplicacións para as que se habilita crédito e que se recollen nestas táboas.)

3º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación dos capítulos IV e VII de gastos, consistente en cinco variacións que non afectan cuantitativamente ao orzamento xeral do exercicio 2021. Estas modificacións refírense ás solicitudes presentadas polos concellos de Vilamarín, Beariz, A Teixeira, Rairiz de Veiga e San Xoán de Río para cambiar a finalidade ou beneficiarios das subvencións concedidas nos ámbitos de cooperación cos concellos e actividades culturais.

Addenda ao convenio de colaboración dos GES

Acordo:

Aprobación da addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegapm e as deputacións, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios, para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES). A addenda ao convenio supón, polo que respecta a Ourense, a creación de dous novos GES: Maceda e A Veiga, pechando así o mapa provincial de emerxencias con 8 grupos e o servizo supramunicipal de Terras de Celanova. A Deputación de Ourense contribuirá ao financiamento dos GES con 1.062.666 €, ademais doutros 62.000 € para o citado servizo.

Prórroga de adhesión aos plans de limpeza viaria, mocidade e empregabilidade

Acordo:

O pleno deu o visto bo a un novo prazo de 10 días hábiles para a presentación de solicitudes de adhesión ao programa de limpeza das marxes viarias municipais e provinciais, o programa de mocidade e o de empregabilidade. O prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio dos presentes acordos no BOP.

Participación na asociación “Urbs Regia”

Acordo:

Primeiro.- Manifestar a conformidade cos fins e obxectivos da Asociación Urbs Regia e o seu proxecto de Itinerario Cultural Europeo “Orígenes de Europa”.

Segundo.- Autorizar a participación da Deputación de Ourense na Asociación Urbs Regia, que xestiona o proxecto de Itinerario Cultural Europeo “Orígenes de Europa”.

Terceiro.- Solicitar á Asociación Urbs Regia a incorporación da Deputación de Ourense como socio de pleno, aceptando tanto os dereitos como as obrigas que a asociación posúe para todas as súas entidades asociadas.

Cuarto.- Facultar á Presidencia ou deputado/a en quen delegue, para representar e actuar en nome da Deputación de Ourense nas actividades e órganos de decisión da Asociación Urbs Regia, así como para realizar cantos actos e trámites fosen necesarios para a efectividade da participación da Deputación de Ourense na citada asociación.

Quinto.- Aboar a cota de socio correspondente.

Apertura do túnel do Folgoso da autovía A-52 (sentido Ourense)

Acordo:

1º. Instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a adoptar cantas medidas e recursos sexan necesarios para axilizar as obras de reparación do túnel do Folgoso da autovía A-52, sentido Ourense, facilitando así o máis inmediato restablecemento do tráfico para paliar o impacto económico e social que o peche deste paso está a provocar no sur de Galicia.

2º. Solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana unha detallada explicación dos procedementos e prazos que manexa este departamento para o remate das obras de reparación do túnel.

3º. Instar ao Goberno central á mellora integral das estradas N-120 e N-559, con especial atención á seguridade viaria nos treitos que corresponden aos concellos do Covelo e A Cañiza.

Loita contra as especies invasoras

Acordo:

Axuda económica aos concellos destinada a:

1.- Análise da presenza de especies invasoras no seu territorio.

2.- Campaña de sensibilización pública (que podería ser asumida por cada concello, adaptándose ás súas circunstancias concretas, ou coordinada pola mesma Deputación para casos xerais) para minimizar os efectos que a xardinería, a afección a mascotas, á acuarioloxía, etc. puidese ter en relación ao problema.

3.- Asesoramento técnico sobre posibles medidas de erradicación en cada caso concreto.

4.- Medios (mecánicos, biolóxicos, químicos…) para a erradicación de especies invasoras en espazos públicos.

5.- Subvencións destinadas á erradicación en parcelas privadas por medios axeitados.

6.- Medidas de análise de riscos e de detección precoz de posibles especies que poidan supoñer un problema futuro.

7.- Cambio no xeito de traballo de calquera labor pública de creación ou mantemento de infraestruturas que poidan favorecer a expansión desas especies.

Saúdos,