Hoxe as 12:00 h Xela Arias traerá música e poesía á Insua dos Poetas

Este sábado, día 27 de Marzo, a Insua dos Poetas acollerá ás 12 horas o primeiro espectáculo de gran formato que se adica, na provincia de Ourense, á homenaxeada polo día das Letras Galegas. Xela Arias, unha das grandes poetas galegas, será a protagonista dun evento musical, poético e circense, deseñado pola compañía de espectáculos culturais Especialistas Hípica Celta. No mesmo tamén participarán dúas mulleres de gran relevancia como son a poeta Yolanda Castaño ou a actriz Rosa Puga Dávila, nominada aos Premios Goya 2021, como mellor actriz de reparto.

O espectáculo, titulado “Xela Arias en Liberdade: auga,árboles,palabras…”, pon de manifesto a importancia que tivo  na Galicia literaria da súa época, sendo un referente e provocando un cambio revolucionario, pero tamén busca captar a atención dos espectadores, dunha forma dinámica, durante os 30 minutos que dura, ao estar pensada para un público familiar. Para elo, se van utilizar diferentes expresións artísticas como a música,o circo, a danza, a poesía ou as artes escénicas.

AVANTAR ACTIVIDADES