A Insua dos Poetas acolleu a primeira homenaxe ourensá á poeta Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021

Celebración do "Día da Árbore e da Auga" 12.00 horas: Insua dos Poetas.- O vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández participa no IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, que se celebra na Insua dos Poetas (A Esgueva-O Carballiño), acto no que se inclúe unha homenaxe á poeta Xela Arias e acompañan no acto Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), Francisco Fumega Piñeiro (Alcalde do Carballiño), Miguel Santalices Vieira (Presidenta do Parlamento de Galicia) e Anxo Lorenzo Suárez (Director Xeral de Política Lingüistica).

No marco do IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, o parque temático da natureza e a cultura foi o escenario dun espectáculo de música, danza e poesía que incluíu o descubrimento dunha escultura do artista ourensán Alberto Fernández, que dun xeito simbólico interpreta os versos da homenaxeada. 

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, afirmou que “grazas a iniciativas como esta a Insua dos Poetas segue a ser un lugar de referencia cultural en Galicia e onde a poeta terá un espazo permanente no que recordar o seu labor”. 

AVANTAR ACTIVIDADES
Celebración do “Día da Árbore e da Auga” 12.00 horas: Insua dos Poetas.- O vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández participa no IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, que se celebra na Insua dos Poetas (A Esgueva-O Carballiño), acto no que se inclúe unha homenaxe á poeta Xela Arias e acompañan no acto Cesar Fernández Gil (VicePresidenta da Deputación Ourense), Francisco Fumega Piñeiro (Alcalde do Carballiño), Miguel Santalices Vieira (Presidenta do Parlamento de Galicia) e Anxo Lorenzo Suárez (Director Xeral de Política Lingüistica).

A Insua dos Poetas, no Carballiño, acolleu hoxe a celebración do IX Día da Auga, da Árbore e da Poesía, que na presente edición converteuse na primeira homenaxe ourensá á poeta Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021. Poesía, danza e música mesturáronse nun acto que incluíu o descubrimento dunha escultura do artista ourensán Alberto Fernández, realizada en granito procedente das canteiras de Melón e que, dun xeito simbólico, interpreta a poesía de Arias. 

No parque temático situado na localidade carballiñesa de Madarnás e xunto co vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, tamén participaron neste acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, como representantes das entidades colaboradoras, ademais do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, a familia da homenaxeada e representantes do ámbito cultural ourensán, entre outros. 

O acto, titulado “Xela Arias en liberdade: auga, árbores e palabras”, comezou cun espectáculo de música, danza e poesía conducido pola escritora Yolanda Castaño, para a continuación descubrir a escultura que perpetúa as obras fundamentais de Xela Arias e que, ademais, se inspira nun dos seus versos: “unha árbore no canto dunha lúa preñada de soños”. 

Na quenda de intervencións, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, agradeceu o esforzo realizado por Luis González Tosar “para que a Insua dos Poetas siga a ser un lugar de referencia cultural en Galicia, a pesar da complexa situación que vivimos”. Fernández dirixiuse á familia da homenaxeada para subliñar que “grazas a iniciativas como esta, Xela Arias terá en Ourense un espazo permanente no que recordar o seu labor”, felicitando tamén ao escultor Alberto Fernández “porque tamén coa súa obra pasa a formar parte do legado da Insua dos Poetas”. 

“Xela Arias marchou demasiado pronto –dixo Luis González Tosar en referencia á temperá morte da poetisa, aos 41 anos- pero aínda así converteuse nunha das voces más innovadoras e rupturistas da poesía contemporánea en lingua galega”. Tosar tamén tivo palabras de agradecemento para o escultor Alberto Fernández, “que contribúe a dar forma ao verdadeiro espírito da Insua dos Poetas, un parque temático no que a literatura e as artes plásticas dialogan co medio ambiente”. 

“Un espazo de liberdade e recoñecemento que vai construíndo Luis Tosar co seu esforzo”, dixo Francisco Fumega, mentres Anxo Lorenzo subliñou que esta era “unha oportunidade para redescubrir a unha persoa que forma parte do universo literario e creativo de Galicia”. Miguel Santalices, que agradeceu á invitación ao Parlamento, definiu a Xela Arias como “unha muller cun firme compromiso coa lingua galega”, pechando as intervencións o fillo da poeta, Darío Xil, que no nome da familia agradeceu esta primeira homenaxe. 

Os actos desenvolvidos na Insua dos Poetas coinciden, como vén sendo xa tradicional, coa Semana Escolar da Árbore e da Auga, organizada pola Deputación de Ourense, e que na súa sétima edición celebrouse entre os días 22 e 26 do presente mes, con motivo dos días mundiais da árbore e da auga dos pasados 21 e 22 de marzo, respectivamente, ademais de coincidir co inicio da primavera e o Día Mundial da Poesía, o pasado domingo.