A pandemia obriga á bendición de Ramos ó interior das igrexas este domingo

A Semana Santa conta dun día especial para os fieis como é o Domingo de Ramos. As imaxes tradicionais desta data con procesión e bendición de ramos en exteriores non se poderán facer. Deste xeito, nas misas programadas, farase a bendición dentro dos templos. No Carballiño haberá misa na igrexa do centro ás 9:00 horas e ás 11:15, 12:30 e 20:00 horas na Veracruz.  

En canto ó luns Santo, será unha xornada de preparación para a celebración da morte, paixón e resurrección de Cristo. Deste xeito, dende as 19:00 horas, na igrexa da Veracruz haberá varios sacerdotes para que os fieis acudan á confesión.

AVANTAR ACTIVIDADES