Cáritas recibe o terceiro envío de alimentos do Estado do 2020 con 6.200 kilos para familias do Carballiño

O Estado reparte cada ano alimentos para as familias máis necesitadas. Este reparto faise en tres fases cada ano, aproximadamente cada catro meses. Esta mesma mañá, a agrupación de Cáritas do Carballiño recibía un camión cun cargamento de 6.200 kilos de alimentos, todos eles percedeiros, que se corresponden co terceiro envío do pasado ano 2020.

Deste reparto vense beneficiadas 103 familias do Carballiño, que suman un total de 263 persoas beneficiarias. Este ano, Cáritas sumou o número de familias que precisan axuda, motivado pola situación económica derivada da crise sanitaria. Aínda que se reciban estas axudas do Estado e doutras entidades, Cáritas tamén acepta alimentos, roupa ou xoguetes durante todo o ano por parte de calqueira particular.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE