Ribadavia programa unha Semana Santa activa

Musica na rúa, contacontos , e actividades dirixidas ao público infantil, xunto cun programa de conciliación para as vacacións dos escolares.

Todas as actividades están adaptadas ao protocolo antiCovid. Ademais sempre que o clima o permita serán ao aire libre.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Ribadavia defende que lecer, cultura e conciliación son compatibles coa seguridade e as medidas de prevención.

Por iso, e tendo en conta as medidas sanitarias e de seguridade, levaranse a cabo as seguintes actividades:

– Actividades de Conciliación para que as familias poidan conciliar vida familiar e profesional durante os días non lectivos. 29, 30, 31de marzo e 5 de abril.
Primeira vez que se realiza esta actividade.

Tamén Obradoiros Creativos para todas as idades desde os 6 anos. Desenvolveranse polas tardes non festivas, sendo a primeira vez que se ofertan.

-1 de abril. Actuación de Adrian Timms en diferentes rúas de Ribadavia. Músico inglés que conezou tocando nas rúas de Vigo, colleitando éxito e seguidores que o levaron ao éxito.

-2 de abril: teatro musical infantil a psrtir das 17h na Casa da Cultura. Coa obra De aquí para alá”, baseada nun audiolibro co que contamos na biblioteca pública municipal de Ribadavia.

-3 de abril: recital de música clásica con teclado e para todas as idades, a cargo de María Escudero Raña, natural de Ribadavia e Carlos de la Blanca Elorza, pianistas profesionais.

– 4 de abril: actuación musical da artista  indie-pop AstroGirl, que ademais participou do documental Ruta do Cavaquinho, realizado pola organización do festival de ukelele UKP Day e que sitúa a Ribadavia como dedtino e protagonista dunha ruta que une Braga coa capital do Ribeiro.

O mesmo día, xa pola tarde, Anxo Moure,  o “Carballo con botas”, contará historias de natureza aos máis cativos, coa finalidade concienciar ás vindeiras xeracións da necesidade de coidar do noso entorno. Será a través do conto “As árbores atrapadoras de contos”.

Ademais, ao longo do mes teremos programación cultural da Biblioteca de Ribadavia, coa Mostra Bibliográfica “Viaxa coa lectura e mergúllate noutras culturas” e tamén coa actividade, polo Día do Libro, o 23 de abril, de lectura de “Contos do Mundo”, en colaboración co voluntariado europeo da Oficina de Xuventude de Ribadavia.