O Goberno municipal e representantes de DOMUS VI reuníronse o pasado día 21. Compromiso por Galicia asegura que non obtiveron resposta cando preguntaron os temas que se trataron.
A formación asegura que isto incrementa as sospeitas dun proceso de extinción da Fundación Benigno Quiroga para convertilo nunha residencia máis de DomusVi ou similar.
Como concelleiro, asegura que non se opón á expansión de DomusVi, pero sí que se opoñen a converter os bens da Fundación, con un valor superior ao millón de euros, nun negocio privado.
Por tal motivo, procedeu a remitir una carta á Dirección rexional de DomusVi para manter unha reunión que aclare os extremos da reunión mantida co Goberno municipal, dado a negativa a informar da mesma por o Alcalde no Pleno.
PUBLICIDADE
