Luís Gulín presenta a Memoria de actividades 2020 sobre Emigración

Ourense 24/10/18 Entrevista a Luis Gulín Fotos Martiño Pinal

A SECRETARÍA PROVINCIAL DE EMIGRACIÓN DO PSDEG-PSOE DE OURENSE PRESENTA A MEMORIA DE ACTIVIDADES DO ANO 2020 NA QUE DESTACA O ASESORAMENTO E INFORMACIÓN AOS RETORNADOS

A pesar da pandemia, os socialistas seguiron traballando arreo para dar resposta vía telefónica e telemática ás centenares de peticións de diferentes colectivos e realizaron tamén diversos actos

AVANTAR ACTIVIDADES

O secretario provincial de emigración, Luís Gulín, destaca a “permanente e fluída comunicación establecida entre a Axencia Tributaria alemá e a secretaria provincial de Emigración para resolver dúbidas, problemas e melloras nos trámites administrativos co colectivo de emigrantes retornados de Alemaña”

Durante o ano 2020 a secretaria provincial de emigración, a pesar das restricións por mor da pandemia que impiden encontros presenciais con grupos, conseguiu manter o servizo de información e asesoramento para o colectivo de emigrantes retornados de forma telemática e telefónica.

A edición de tres vídeos informativos sobre diversas temáticas como a prestación alemá por dependencia, o pago do 5 por cento das pensións alemás á facenda xermana e a nova pensión básica alemá suscitou, tal e como afirma o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, “o aumento de consultas por teléfono e correo electrónico de diversos puntos de dentro e fóra de España”. En especial, a petición máis demandada foi o envío de modelos en alemán para solicitar á Seguridade Social alemá un certificado de ingresos de pensións coas súas respectivas retencións para o seguro médico e seguro de dependencia. 

Dende a secretaría provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense resaltan que a decenas de retornados de Alemaña “conseguíuselles tramitar a exención do pago do 5 por cento do IRPF sobre a súa pensión xermana ao estar por baixo do limiar dos 9400 euros anuais de ingresos”.  Prestouse tamén apoio técnico a decenas de retornados en como tramitar a exención fiscal ante a AEAT respecto das pensións de invalidez ou incapacidade estranxeiras.

Outra das implicacións da secretaria provincial de emigración foi alertar á Consellería de Traballo da Embaixada de España en Berlin “pola falta de pagamentos e atrasos das pensións complementarias dos fondos de empresas que afectan a centenares de retornados de Alemaña”, apunta Gulín. Unha modificación legal que entraba en vigor en xaneiro de 2020, descoñecida polo colectivo de retornados de Alemaña, obrigaba por iniciativa propia presentar unha fe de vida para seguir cobrando esa prestación. Por parte da Consellería de Traballo en Alemaña realizáronse campañas informativas e apoio técnico aos emigrantes retornados que demandaron a súa axuda.

O secretario provincial de emigración tamén destaca a “permanente e fluída comunicación establecida entre a Axencia Tributaria alemá e a secretaria provincial de Emigración para resolver dúbidas, problemas e melloras nos trámites administrativos co colectivo de emigrantes retornados de Alemaña“.