O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén mantén un encontro institucional co novo comandante da Garda Civil da Comandancia de Ourense

Gabriel Alén agradeceulle a visita e amosoulle os mellores desexos para a nova encomenda que principiou en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta ocasión, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo comandante da Comandancia da Garda Civil na provincia ourensá, José Benito Fernández Santamaría. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Fernández Santamaría desde que tomou posesión en Ourense, no mes de febreiro, na Xefatura de Persoal e Apoio de la Comandancia de Ourense.

Gabriel Alén agradeceulle a visita e amosoulle os mellores desexos para a nova encomenda que principiou en Ourense.

Natural do concello de Verín, Fernández Santamaría, ven de ocupar o cargo de Capitán Xefe da Compañía Fiscal e Fronteiras ao mando das unidades do porto e aeroporto da cidade de Vigo.

PUBLICIDADE