España endurece o uso da máscara en espazos públicos como praias ou piscinas

O BOE publica unha nova lei para a contención da pandemia, co endurecemento do uso da máscara, entre outras pautas. Ata o de agora era obrigatoria sempre que non se puidera garantir a distancia de 1,5 metros de separación e en Galicia é obrigatoria en máis contextos, coma na práctica deportiva ó aire libre. A partir de agora, será obrigatoria en todo momento, coma na praia, na piscina ou nunha excursión ó aire libre. Polo tanto, dende hoxe será de uso obrigado en todos os espazos e actividades para os maiores de seis anos.
Pola contra, a lei non se pronuncia nos casos de reunións de persoas non coviventes en interiores, aínda que é un feito que chama a atención logo de que se probara que o perigo real está na transmisión aérea do virus en espazos pechados.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES