O Centro Sociocomunitario abrirá as súas portas o próximo luns

Dende o luns día 5 de Abril o Centro Sociocomunitario do Carballiño volve ó seu horario habitual de 9:00 horas ata as 20:30 horas, con servizo de cafetería, Podoloxía con cita previa e a lectura de prensa.

O interese da xerencia é poder ofertar mais actividades, que polo momento aínda non poderán levarse a cabo. Dentro da súa oferta inclúen clases de baile, manualidades ou pintura.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE