O grupo provincial do BNG de Ourense valora positivamente a aprobación por unanimidade do “Plan Único” da Deputación de Lugo

Para o BNG a aprobación por unanimidade dos orzamentos da Deputación de Lugo nun “Plan Único” son un modelo a seguir na Deputación de Ourense.  

“Desde o grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, congratulámonos do acordo unánime entre PSOE, PP e BNG para a aprobación dun “Plan Único” na deputación de Lugo cunha dotación de 24 millóns de Euros” declara o voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela.  Porén, indica o voceiro nacionalista, lamentamos que este Plan Único sexa posible para os 67 concellos  da provincia de Lugo e non para os  92 concellos da provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Este programa de investimentos dá resposta a situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía, xa que son eles os que deciden en que e como empregar esas achegas .

 “Este plan é  similar é o que vimos reclamando ao goberno da Deputación provincial de Ourense  desde o BNG”. No caso de Lugo, permite unha achega mínima de 200.000€ por concello e unha máxima de 500.000 euros, en función duns criterios obxectivos como poboación, superficie, dispersión poboacional  e taxa de avellentamento. O que favorece o desenvolvemento equilibrado da sociedade  e o territorio.

“Seguro que en Ourense somos capaces de chegar a un acordo similiar entre todos os partidos representados na Deputación, incluído o Partido Popular, como así o foi na Deputación de Lugo” declara o voceiro no entre provincial de Ourense.   “Co obxectivo último de mellorar  as condicións de vida e as oportunidades de desenvolvemento da veciñanza na provincia de Ourense, sexa cal sexa o seu concello de residencia” 

PUBLICIDADE