A Deputación aproba subvencións para os concellos, entre eles Leiro e San Cristovo de Cea

Videoconferencia da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ó mes de marzo de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá en sesión telemática aprobou as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2021, e as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas relacionadas coas artes escénicas e musicais. Tamén aprobou destinar un orzamento de 498.694 € para obras de infraestruturas e servizos en concellos da provincia.  

No que atinxe ás actividades culturais e recreativas, considéranse como tales aquelas o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial ourensán, e, neste sentido, a edición e impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte. Poderán presentarse ata un máximo de tres proxectos ao abeiro desta convocatoria, sendo a contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións de 100.000 €. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén aprobou a Xunta de Goberno as bases da convocatoria para subvencións para festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas relacionadas coas artes escénicas e musicais, promovidos por persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que se desenvolvan na provincia de Ourense e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Os solicitantes poderán presentar ata un máximo de tres proxectos ao abeiro desta convocatoria. A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 60.000 €. 

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou subvencións para os concellos de Castro Caldelas (48.000 €), Leiro (32.805 €), Monterrei (33.759 €) e San Cristovo de Cea (40.000 €) para obras de infraestruturas e mellora da eficiencia enerxética; e deu luz verde á modificación do Plan provincial incorporando as obras: “Rehabilitación superficial de firme con microaglomerado na OU-0203 As Marabillas-Santa Baia, cun orzamento de 113.750 €; “Reforzo de firme con mestura asfáltica na OU-0460, travesía do Carballiño, cun orzamento de 53.820 €, e “Reforzo de firme con mestura asfáltica na OU-0863 Petín (OU-636), cun orzamento de 16.560 €.