Hoxe foi publicado no BOE o convenio de colaboración co Concello de Ourense que determina as condicións de financiamento (100% CHMS), execución e posterior entrega á administración local para mantemento e conservación
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publica no BOE o Convenio de colaboración, rubricado electronicamente, o pasado 17 de marzo, co alcalde de Ourense, que determina as condicións de financiamento, execución e posterior entrega das obras de construción dun sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponche Lebrona na conca do río Barbaña, en Ourense..
O Proxecto
Estas actuacións consistirán no desmonte da actual pantalla deflectora disposta no beizo de alivio do tanque de tormentas de Ponche Lebrona e a instalación dun equipo de retención de flotantes de tipo reixa fabricado en aceiro inoxidable e dotado dun sistema de limpeza mediante bombas eyectoras auga-aire.
Ademais executarase un circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático a partir dos datos de nivel de auga no interior do tanque.
Unha vez finalizadas e recibidas as obras pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, serán entregadas ao Concello de Ourense para o seu mantemento e conservación.
O investimento total necesario estímase en 95.000€, que serán sufragados ao 100% polo Goberno de España, a través da CHMS.
PUBLICIDADE