O concello de Ribadavia busca operarios para o posto de peón de servizos múltiples

O prazo remata este venres, día 9 de abril. O ámbito de actuación será municipal, con actuacións como o mantemento de espazos públicos, limpeza de rúas e zonas verdes, tarefas de limpeza e apoio na piscina municipal en época estival e todo tipo de accións relativas ó concello. O contrato será laboral temporal por obra ou servizo e a tempo completo, cunha duración de 37,5 horas semanais, de luns a domingo. O procedemento de selección será de concurso-oposición. As bases completas poden consultarse na páxina web do concello de Ribadavia.