O Carballiño sobe ós 14 casos, O Irixo mantén 9 positivos e Maside mantén dous contaxios

A comarca manté hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 25, sobre todo pola evolución de dous concellos.

O Carballiño aumenta os contaxios, subindo ata os 14 positivos, dous casos activos máis ca onte.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo rexistrou un brote familiar que se iniciaba con 5 casos activos. E o cribado celebrado o pasado mércores deixou 4 positivos, que sumados ós que xa había, deixou a cifra de 9 contaxios, que se mantén dende o xoves.

Maside mantén 2 casos activos, saíndo xa das cifras de perigo. Boborás e San Cristovo de Cea, que tiñan un caso activo cada un, están os dous libres de coronavirus nesta xornada.

E os demais concellos,  Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.