Ribadavia mantén 5 casos activos, Cortegada 4 casos e Beade tres positivos

Ribadavia mantén hoxe un total de 5 casos activos, a mesma cifra ca onte logo de varios días presentando seis casos. Hoxe a capital conta co máximo da comarca.

Cortegada conta hoxe con catro casos activos, os mesmos ca na xornada de onte.  O concello de Beade conta con 3 casos activos, os mesmos casos ca onte, conseguindo reducir os 7 casos que o manteñen coma o único concello galego en nivel máximo de restricións, unha condición que podería cambiar mañá despois da reunión do comité clínico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Leiro, que contaba cun caso activo dende os últimos dez días, hoxe está libre de coronavirus. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.