CxG pide un novo acceso de entrada e saída na N-541 ó paso polo centro de Punxín

Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, presenta moción para o vindeiro Pleno municipal, solicitando a construción dunha glorieta ou paso subterráneo na estrada Nacional 541 o seu paso polo centro do concello de Punxín, que acabe co perigo existente o carecer Punxín dun acceso en condicións de seguridade, tanto para acceder como para sair da mesma.

O concello de Punxín atópase cruzado de norte a sur por a Ctra Nacional 541, sen que haxa un acceso de entrada e saída da mesma que reúna as mínimas condicións de seguridade o seu paso polo mesmo centro urbán; tempo atrás houbo que comerlle un cacho das dependencias municipais, para que malamente pase un carromato de antes, ou hoxe un vehículo utilitario, xa que un camión correo perigo de levarse o resto do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

Asemade, como portavoz de CxG tamén pide ao equipo de goberno que faga un estudo de tódolos acceso e saídas da Ctra Nacional 541 , o seu paso por o concello, para acondicionar as mesmas coas máximas condicións de seguridade, tanto para peóns como para vehículos, xa que hai queixas moi razoables das deficiencias ancestrais que afecta gravemente a seguridade vial.