Declaración da Renta 2021: algunhas claves básicas

A Axencia Tributaria fixo público o calendario para a campaña da Declaración da Renta 2021. Dende onte está aberto o prazo para a presentación de solicitudes por internet e acabará o próximo 30 de xuño. Se se quere presentar por teléfono, o prazo comeza o 4 de maio para pedir cita previa e para facelo presencialmente, o 27 de maio. Hoxe, dende a asesoría Cer&Ber dannos algunhas claves antes de presentar a declaración.

Este ano debemos prestar especial atención nos casos nos que se recibiron axudas coma as derivadas do ERTE, ou o ingreso mínimo vital ou aquelas persoas que recibiron axudas por paro de actividade.

AVANTAR ACTIVIDADES

TOTAL ASESORÍA A campaña deste ano non inclúe novidades nos tramos da IRPF, pero o ano próximo si haberá novidades para os ingresos de máis de 300.000 euros.