Enduro Piñor celebra este domingo a súa cuarta edición

A Liga Café Candelas de Enduro, da Liga Galega da Moto de Campo celebra esta fin de semana a cuarta edición da proba Enduro Piñor, unha competición xa asentada no calendario a pesar dos seus poucos anos de vida.

No 2019 e 2020 perfilouse como a máis numerosa de Galicia en canto a número de participantes. Este ano repetirá o mesmo formato que nas edicións anteriores, cun percorrido que xa foi sinalado e acondicionado durante os últimos días.

AVANTAR ACTIVIDADES