Ourense incrementa os casos activos pero reduce os ingresos en planta

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 122 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.193, cun leve ascenso. A presión asistencial rexistra un descenso de ingresos. Hoxe hai 26 (-2) persoas na UCI, e 141 (-4) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un leve repunte. Hoxe hai 10 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 9 casos ata os 149 casos totais. Os hospitais presentan un leve descenso, contando con 14 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES