O 5 de xuño terá lugar en Ribadavia a quinta edición do festival de ukelele, Ukp Day.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de cancelar a data do 2020 debido á situación sanitaria, o festival volve este ano cun formato reducido e seguro, focalizando as actuacións no Auditorio de Castelo, un espazo aberto ao aire libre, con butacas e garantindo a distancia de seguridade entre o público asistente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O catalán Enric Montefusco e os galegos Néboa son os artistas convidados para esta 5ª edición que volve apostar pola exclusivade dos concertos, onde os artistas adaptarán algúns temas do seu reperterio habitual ao ukelele. Enric Montefusco, ex lider de Standstill, acudirá ao auditorio do castelo de Ribadavia en formato solo, nun concerto íntimo onde misturará cancións dos seus últimos discos en solitario e no que estará acompañado nalgún dos temas por un artista de ukelele local, realzando así o caracter excepcional da actuación.

Pola súa banda, os galegos Néboa presentarán o seu disco de debut con temas adaptados para a ocasión. As entradas poranse á venda en breve, e terán un custe de 10€ para o público xeral, ofrecendo un desconto do 50% con Carné Xove.

Esta edición volve ter no Concello de Ribadavia o seu principal impulsor e organizador, apostando polo festival como actividade indispensable dentro do seu programa cultural. Ademais, Cervezas Alhambra súmase novamente a esta experiencia musical pensada para gozar sen présa e cos cinco sentidos. A cervexeira colabora un ano mais co festival coa finalidade de ofrecer momentos únicos e irrepetibles que combinan a excelencia musical e o espírito artesanal intrínseco á marca a través da maridaxe coas súas principais variedades.

Pronto máis información sobre esta nova edición na web do festival: www.ukpday.com

Enlace fotos festival: https://www.facebook.com/UkpDay/photos

Vídeo resumo da edición anterior: https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/copia-de-inicio

Clip Enric Montefusco:  https://www.youtube.com/watch?v=uqxMScRwJM0