Galicia incrementa casos activos e ingresos en planta e UCI esta fin de semana

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 113 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.316, cun leve ascenso de preto de 200 casos nesta fin de semana. A presión asistencial rexistra un ascenso de ingresos. Hoxe hai 30 (+4 este finde) persoas na UCI, e 155 (+14 este finde) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un leve repunte. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 37 casos ata os 149 casos totais, cun fin de semana de ascenso. Os hospitais presentan un leve ascenso, contando con 14 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES