O IES nº1 potencia a biodiversidade colocando nidais e bebedoiros sempre cheos

O profesor José Manuel Bouzo e alumnos do IES nº1 do Carballiño, proseguiron hoxe cas actividades en prol do fomento da biodiversidade incluídas no seu programa. Neste caso, os máis pequenos aprenderon a colocación de nidais, un en cada árbore do patio, co obxectivo de ofrecer un refuxio a especies de todo tipo.

Este espazo botánico no que están a traballar agora ten a súa orixe nos anos 90, da man de varios profesores con anos de traxectoria profesional no Carballiño, coma Xulio Álvarez ou Mercedes Taboada, falecida recentemente.

AVANTAR ACTIVIDADES

A segunda actividade do día foi a colocación de bebedoiros sempre-cheos. Esta achega é moi importante para os animais, xa que poden resistir moito máis tempo sen alimento pero non sen auga.