A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe
en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión
de preto de 126.000 euros en achegas nos ámbitos da cultura, servizos sociais e
cooperación cos concellos. No capítulo cultural, deu luz verde a senllas subvencións
para gastos de funcionamento ás fundacións Curros Enríquez, por valor de 26.000
euros, e Otero Pedrayo por importe de 35.000 euros, mentres que no ámbito dos
servizos sociais aprobouse unha achega de 21.000 euros con destino á Fundación
para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín.
XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
No tocante a cooperación, o Concello de Castrelo do Val
recibirá unha axuda de 9.866 euros para unha instalación solar fotovoltaica de
autoconsumo para as instalacións municipais. Ademais, o Concello de Muíños
contará cunha achega de 34.000 euros para o cofinanciamento do plan IDAE 2020,
de renovación do alumeado público.
Posteriormente, celebrouse a reunión telemática do Comité
de seguimento do COVID-19, onde se analizou a evolución das cifras referidas á pandemia
e dos datos correspondentes á modalidade de teletraballo que se desenvolve nos
centros e instalacións da Deputación.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade