O luns día 12 de abril o cineasta Alberte Mera estivo presentando o seu documental, “Reboiras. Acción e corazón” no IES Chamoso Lamas ante un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato. O filme narra o asasinato a mans da policía do xove nacionalista galego Moncho Reboiras, ocurrido no ano 1975 en Ferrol, a través tanto de material da época como de entrevistas con personas próximas ao militante nacionalista que compartiron con el incluso os momentos anteriores á súa morte.
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Historia, Filosofía e Dinamización linguística, e con ela pretendíase achegar o recente cine galego aos alumnos e complementar así o seu coñecemento dunha época, os finais do franquismo e os comenzos da transición sobre a que todavía pesan moitas sombras, época histórica que nestes momentos están a empezar a estudar na súa formación académica.
Trala proxección do documental o director mantivo un coloquio e debate cos alumnos, que poideron así afondar neste momento da nosa historia e no propio personaxe de Reboiras, un dos iconos da loita antifranquista en Galicia. A actividade contou tamén coa colaboración do Cine Club Carballiño.