O Carballiño baixa ata os 12 casos activos e O Irixo tamén baixa, ata os 4 positivos

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 16. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e O Irixo, os únicos concellos que contan con casos activos neste momento.

O Carballiño baixa dous casos para contar hoxe con 12 casos activos. O Irixo tamén baixa hoxe en dous casos, para ter un total de 4 positivos. Recordamos que O Irixo presentou un brote familiar que se incrementou ata as 9 persoas afectadas logo da celebración dun cribado poboacional.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos,  Boborás, Maside, San Cristovo de Cea, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.