O concello levará a inversión do remanente a sesión plenaria a próxima semana

O concello do Carballiño celebrará o pleno correspondente ó mes de marzo a próxima semana. Na xornada de mañá a corporación reunirase en comisión informativa para tratar os temas principais da sesión. Entre os puntos da orde do día atópase a aprobación definitiva dos orzamentos, logo de revisar as alegacións; o regulamento das sesión plenarias, e a modificación do regulamento de distincións; a aprobación da proposta do escudo e da bandeira oficiais do concello e crearase a mancomunidade de usuarios de augas.

Ademais, nesta sesión tamén se debaterán as propostas de inversión previstas como gasto a cargo do remanente, entre os que se atopan proxectos importantes para o concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES