O CRA Amencer recibe a dous docentes dentro do programa “Xeración docentes” para o rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, louvou o traballo educativo das escolas rurais da provincia e de Galicia no acto de recepción a representantes da Fundación Princesa de Girona que se desenvolveu esta mañá no CRA Amencer no concello de Ribadavia.

Gabriel Alén subliñou que “unha sociedade rural nunha escola rural como na que nos atopamos é un foco acendido de valores, relacións e comportamentos”. “Por experiencia, -continuou o delegado- sei que aquí foméntase a solidariedade e a igualdade, a escola pasa a formar parte do medio, e a familia a formar parte da escola”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Fundación Princesa de Girona, dentro do seu programa Xeración docentes escolleu o CRA Amencer de Ribadavia con sedes nas localidades de San Paio, Francelos e  San Cristobo, para que dous alumnos de Educación Infantil ou Primaria, de trinta en todo o estado, desenvolvan programas docentes transformadores, con capacidade para innovar e xerar solucións aos grandes retos educativos.

Esta experiencia educativa levarase a cabo tamén no CRA Monterrei en Ourense; en Galicia, no CRA Coristanco (Coristanco), CRA de Valla (Valla), CRA Nosa Señora do Faro, CRA Rianxo e CRA Vilaboa. No resto do Estado, nas comunidades autónomas de Estremadura e Aragón.

A contorna pedagóxica e social que ofrece o modelo da escola rural, organizado a partir do sistema de aulas multigrado, proporciona aos docentes lles oportunidade de traballar con metodoloxías educativas innovadoras.