Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 133 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.382, cun leve ascenso de máis de 60 novos contaxios nunha xornada. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 29 (-1) persoas na UCI, e 156 (+1) ingresados nos hospitais.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 36 casos ata os 185 casos totais. Os hospitais presentan un leve ascenso, contando con 15 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (+1) na UCI.