Dende a formación local solicitan o cambio de nome de dúas rúas que enaltecen persoas ligadas á ditadura de Primo de Rivera e do réxime franquista, entre outras medidas. “O noso concello conta na actualidade co nome de dúas rúas que conmemoran persoeiros que foron claves na ditadura de Primo de Rivera e posteriormente : rúa Conde Vallellano e avenida Calvo Sotelo, a pesares da existencia dunha lei que recolle a súa retirada e substitución, a Lei de Memoria Histórica” comenta o voceiro local, Manuel Nogueira.
“Consideramos preciso realizar e facer cumprir a reforma da Lei da memoria histórica, en primeiro lugar, para atender as recomendacións do Consello de Europa e de Nacións Unidas de conformidade cos principios de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición; en segundo lugar, consideramos necesario dotar á Lei da memoria histórica de mecanismos coercitivos e orzamentarios e non só a nivel do goberno central como xa se contempla nos orzamentos do estado para este ano 2021, onde se destinan 11, 3 millóns que garanten o seu cumprimento, e todo iso coa maior participación das vítimas e as súas representacións cívicas” engade Nogueira. “A nosa intención non é borrar a historia, senón reparala con verdade, memoria e xustiza. A sociedade ten unha gran responsabilidade colectiva coa historia para que non se volva a repetir. Por iso, sentímonos na obriga de pedir hoxe aquí unha cousa moi sinxela: que se cumpra a lei.
”Entendemos que o cambio debe partir da bondade da participación popular, polo que sería axeitado que o Concello de O Carballiño poña a nova nomenclatura aberta a un proceso de participación colectiva cidadá. Solicitan así:
