Galicia contén a evolución da covid con leves repuntes, aínda que sen grandes cambios nos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 133 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.400, cun leve ascenso de apenas unha vintena de casos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 26 (-3) persoas na UCI, e 158 (+2) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte. Hoxe hai 19 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 7 casos ata os 192 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 14 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES