Protección Civil de Ribadavia recolle 525 velutinas en 60 trampas

Dende a Agrupación de Protección Civil de Ribadavia seguen coa campaña de trampeo de velutinas. Na última reposición do atraente, retiráronse 525 vespas das 60 trampas das que teñen control en todo o concello.

Atopámonos agora nun momento de moita actividade das raiñas novas. A agrupación anima a todos a trampear e explican o procedemento que se debe facer. O atraente créase para ½ litro de auga con 200 gramos de azucre e 5 gramos de levadura de panadería. A mestura debe facerse un día antes e debe colocarse nun recipiente, coma unha botella valeira, ubicada próxima a frutais ou prantas con flor e a pleno sol.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas trampas retiraranse o 1 de xuño, e gardaranse ata o outono. A agrupación facilitará trampas a todo aquel que as precise.