Raquel Espiña Comesaña falará sobre emprender nun contexto de pandemia nunha nova live session de IESIDE

Emitirase o xoves 15 de abril, a partir das 19.00 h

IESIDE presenta a Live Session «Emprender contracorrente» a cargo de Raquel Espiña Comesaña. Emitirase mañá xoves 15 de abril a partir das 19.00 h. Para poder acceder é preciso realizar unha inscrición nesta ligazón.

AVANTAR ACTIVIDADES

«Síntoo. Non incluíra unha pandemia no meu plan de negocio». Esta frase pronunciouna Raquel Espiña Comesaña logo da primeira onda da COVID-19 no ano 2020, mentres falaba co seu banco e pensaba como se ía enfrontar a unha hecatombe mundial. Hoxe, contra todo prognóstico, a lencería de House of Malasanta chegou a Suíza, Italia, Bélxica ou Francia.

Raquel Espiña Comesaña, creadora de e motor da marca House of Malasanta, é exalumna do Programa Superior en Marketing Dixital (PSMD) de IESIDE – ESIC e nesta live session contará a súa historia, á vez que ofrecerá pautas neste contexto tan incerto. Ao longo do evento presentarase o PSMD, que se impartirá no campus da Coruña a partir do próximo mes de maio.

Creadora da marca de lencería House of Malasanta, Raquel Espiña Comesaña é licenciada en Documentación pola Universidad Complutense de Madrid, e exalumna do Programa Superior en Marketing Digital por IESIDE – ESIC. Experta en Marketing Dixital e E-Commerce, axuda a diferentes empresas a través da creación de campañas que reflictan a esencia do seu negocio de maneira que conecten cos seus potenciais clientes ou xerando contido relevante que faga brillar o seu servizo ou produto no medio de Internet.

O saber e a experiencia acumulada na xestión de marcas e contidos levouna a crear o seu propio proxecto, a marca de lencería House of Malasanta, que define como un proxecto único e innovador.