As inundacións de Evaristo Vaamonde conta cun proxecto de obra en tres fases de execución

Durante a Semana Santa producíronse treboadas e choivas abundantes que volveron a preocupar ós veciños da rúa Evaristo Vaamonde polas inundacións que causa o mal funcionamento da recollida de augas. Os veciños reclamaban que, finalizadas as obras que se iniciaron nesa zona, seguían producíndose inundacións. O concello asegura que as obras estaban rematadas nese momento pero non estaba en funcionamento o colector.

As actuacións previstas para esta zona executaranse en tres fases, das cales esas obras foron a primeira delas. Unha vez que se executen todas elas, prevese que queden solucionados todos os problemas de retención de augas das rúas que conflúen no entorno da Veracruz.

AVANTAR ACTIVIDADES