A Deputación colaborará coas obras de mellora da sede do CRDO Valdeorras

A Deputación de Ourense colaborará coas obras de acondicionamento da sede actual do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Así se acordou na xuntanza que mantiveron hoxe no Pazo Provincial o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, acompañado polos xerentes das adegas “Santa Marta” e “Joaquín Rebolledo”, José Guitián e José Ramón Rodríguez.  

O presidente da Deputación destacou “a excelencia dos viños de Valdeorras e a súa gran proxección nacional e internacional, unha cooperación que a institución provincial continuará mantendo polo que significa de estratéxico para Valdeorras e para a provincia de Ourense o sector vitivinícola”, expresou Baltar. A achega da Deputación de Ourense para o acondicionamento das instalacións do consello regulador ascende a 80.000 euros, e non se descarta por parte da Deputación a colaboración futura para que a sede deste organismo vitivinícola se sitúe noutro inmoble.  

AVANTAR ACTIVIDADES